Ponte Nas Ondas, o Concello de Santiago, a Secretaría da Lingua, o CCG e a Deputación celebran este venres a Foliada das Letras Galego-Portuguesas

20 Maio 2025

A Asociación Ponte…Nas Ondas! vai celebrar esta semana a Foliada das Letras Galego-Portuguesas, baixo o título Agora Cantamos Nós!e contando coa participación de 15 centros educativos de ambas beiras da raia. Será este venres 23 en Santiago de Compostela. O proxecto inclúe a gravación dun audiovisual documental e a publicación dun cancioneiro galego-portugués.

A foliada

Dende PNO! lembran que a literatura oral popular e o cancioneiro tradicional, que se celebran este ano nas Letras Galegas “son un patrimonio compartido con Portugal e cos demais países de lingua portuguesa”. A Foliada das Letras Galego-Portuguesas será deste xeito “unha celebración para que o alumnado comparta un día de festa con outros grupos de escolas galegas e portuguesas”. Ao mesmo tempo, grupos de música profesionais e persoas portadoras da tradición oral intervirán na foliada para que se produza a necesaria transmisión dos seus saberes aos asistentes. Está prevista a asistencia de centros de toda a xeografía galega e do Norte de Portugal estimando a asistencia de 500 mozos e mozas. O Concello de Santiago de Compostela, a Secretaría Xeral da Lingua, o Consello da Cultura Galega e a Deputación de A Coruña colaboran e apoian a celebración desta Foliada e a edición do Cancioneiro galego-portugués.

Valentín García salienta o modelo exemplar de PNO

No acto de presentación participou o secretario xeral de Lingua, quen puxo en valor o labor de Ponte Nas Ondas, considerado un modelo para o mundo ao ter sido incluído no Rexistro de Boas Prácticas da UNESCO polo seu valor pedagóxico e cultural. Tamén fixo fincapé na importancia desta iniciativa pola sensibilización co patrimonio desde a infancia e o achegamento da cultura e lingua ao alumnado de toda a comunidade galega e tamén á do país veciño. Ademais, tamén aproveitou a ocasión para felicitar á organización que este ano celebra tres décadas de traballo.

A foliada Agora Cantamos Nós! xuntará no parque Eugenio Granell de Santiago de Compostela a grupos de música, baile, pandeireteiras e preto de 500 mozos e mozas de centros educativos de Galicia e Portugal. Da provincia da Coruña estarán o instituto de Ames, o instituto Eduardo Pondal, de Ponteceso; o colexio a Ramallosa, de Teo, e o colexio López Ferreiro, o colexio Cardenal Quiroga e o instituto San Clemente, de Santiago de Compostela. Da provincia de Pontevedra participarán o instituto do Barral, de Ponteareas; o colexio Petelos, de Mos; o colexio Carlos Casares e o instituto, de Salvaterra de Miño; o colexio Altamira, de Salceda de Caselas, e o colexio Seis do Nadal e o instituto Alexandre Bóveda, de Vigo. Pola súa banda, de Portugal estarán a escola Nadir Afonso, de Chaves, e a escola Profissional Agrícola, de Celorico de Basto.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.