A frase “os políticos seguen depilando os fondos públicos” é unha forma coloquial de
dicir que estes están a malgastar ou desvían estes fondos, o cal é un problema grave
que afecta á sociedade. O mal manexo destes pode ser causado por varios factores,
a neglixencia, falta de transparencia ou a corrupción. A falta de acceso á información
pública, a falta de mecanismos de rendición de contas e a opacidade nos procesos
de contratación e licitación facilitan a posibilidade de que se oculten actos de
corrupción. Por qué seguen persistindo? por unha serie de factores, incluíndo a
debilidade dos mecanismos de control, a corrupción sistémica, a falta de cultura de
transparencia e a impunidade que experimentan algúns. Creo que este é o mellor
inicio para este artigo de opinión que están vostedes lendo, ante os acontecementos
que estamos a vivir por parte da Xunta de Galicia e os políticos responsables de todas
as decisións que se tomaron respecto a senda ciclista que afecta ao Banquete de
Conxo, Santiago de Compostela, un «auténtico esperpento». Compaxinado coas
declaracións do portavoz do partido popular en Santiago onde reafirmou a súa
intención de completar a infraestrutura verde se é alcalde, pese aos informes
negativos do ICOMOS e da Dirección Xeral de Patrimonio, mesmo coas investigacións
xudiciais. Todo isto está a levarnos ao bodrio político, coma a “banda do Peugeot”
liderada por Pedro Sánchez a nivel nacional, os que utilizaron a arte da mentira para
chegar ao poder e manterse nel. Sería ben lembrarlles a estes señores que a
malversación de fondos públicos, é un delito que consiste na apropiación indebida
ou o uso indebido de diñeiro ou bens públicos por parte dunha autoridade ou
funcionario. Este delito enmárcase dentro dos delitos contra a Administración, e está
tipificado no Código penal, concretamente no artigo 432 e seguintes. Isto é unha
mala xestión política xerada por unha combinación de factores, incluíndo a falta de
experiencia ou preparación e intereses persoais. Sinto dicilo pero isto é: o paraíso
burocrático e institucional creado por unha clase política empeñada en que os
contribuíntes paguemos a factura dos seus excesos para abordar a mala xestión
política. É necesario fortalecer a transparencia e a rendición de contas. Tamén é
importante garantir que os políticos teñan a formación e a experiencia necesarias
para exercer o seu cargo de maneira efectiva. Se algo me está quedando claro é que
esta xente non cambia.
“Juan Magán” – Xulio Xiz
Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...



