Os empresarios de Ribeira sortean os premios da campaña “Os Lazos do Comercio Local”

24 Maio 2025

Este sábado 24 de maio celebrouse en Santa Uxía o sorteo presencial da campaña Enlaza Ribeira. Os Lazos do Comercio Local, unha iniciativa promovida pola Asociación de Empresarios de Ribeira para “dinamizar o comercio local e premiar a fidelidade dos consumidores”.

En total, sorteáronse 1.000 euros en vales de compra, distribuídos en premios de 200, 150, 100 e 50 euros, que poderán ser utilizados nos establecementos adheridos á asociación.

Os vales foron repartidos entre 12 clientas do comercio local, quen resultaron agraciadas tras participar nesta campaña, que ten como obxectivo principal reforzar os lazos entre o pequeno comercio e os clientes.

A Asociación de Empresarios de Ribeira agradeceu a participación de todas as persoas consumidoras e animou a “seguir apostando polo comercio de proximidade, un piar fundamental para a economía e o dinamismo social do municipio”.

Esta campaña estivo co-financiada pola Xunta de Galicia.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.