Os empresarios de Ribeira lanzan esta primavera nova campaña con 1.000 euros en premios

12 Maio 2025

A Asociación de Empresarios de Ribeira pon en marcha unha nova campaña para impulsar o tecido produtivo local nesta tempada de primavera. Asi, dende este luns 12 de maio a patronal activou a iniciativa Enlaza en Ribeira, os lazos no comercio local, unha acción promocional que busca, como dixemos, “dinamizar as compras no comercio de proximidade”. Farao través dun sorteo con 1.000 € en premios.

Esta campaña consiste en que cos tíckets de compra do 12 ao 24 de maio os clientes entrarán nun sorteo presencial que se celebrará o 24 de maio, os clientes poderán trocar os tíckets por boletos numerados desde as 11.00h a 13.30h.

Sortéanse un total de 1.000 € repartidos en premios de 200€, 150€, 100€ e 50€.

A Asociación de Empresarios de Ribeira explica que os tíckets de compra trocaranse por boletos numerados nunha haima habilitada para este evento na praza da Porta do Sol (praza da Igrexa) de Santa Uxía, o día 24 de maio, entre as 11.00 h e as 13.30 h. O sorteo celebrarase de forma presencial ás 13:30 h.

“Xa que se trata dun sorteo presencial, é necesario estar presente no momento do sorteo para poder reclamar o premio”, engadiron dende a patronal ribeirense, recalcando que “esta medida busca fomentar a participación activa e crear ambiente en Ribeira, durante o período da campaña decoraremos as árbores con lazos de cores”.

Esta campaña ten como obxectivo “premiar a confianza dos consumidores locais e apoiar aos pequenos establecementos, que son un piar fundamental da economía da cidade e o concello”.

A iniciativa está co- financiada pola Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...