O PSOE de Rianxo pide centrar esforzos en recuperar a Casa do Mar “con garantías e seriedade”

16 Maio 2025
O voceiro do PSOE de Rianxo, óscar Rial

O grupo socialista de Rianxo, a través do seu voceiro Óscar Rial, emitiu un comunicado respecto do proxecto para recuperar a Casa do Mar deixando claro que a súa postura é a de poñer en valor o inmóbel paro “cun procedemento claro e responsábel”. No comunicado lembran que o grupo levou ao pleno unha moción para conseguir a adscrición do edificio por parte da Tesourería Xeral da Seguridade Social ao Concello de Rianxo.

“Esta moción”, sinalan, “foi aprobada no pleno do 25 de xaneiro de 2024, aínda que co voto de abstención do grupo de Goberno que lidera Julián Bustelo”. Para os socialistas, debe ser “prioritario” negociar directamente co titular do edificio, a Tesourería Xeral do Estado, “antes de anunciar calquera plan que non conte coas garantías necesarias, nin co respecto institucional cara ao propietario do mesmo, nin cara os traballadores e traballadoras que a día de hoxe hai nese espazo, e por suposto cara os clubs e asociación que tamén dispoñen de oficinas actualmente alí”.

Os socialistas tamén sinalan “que, a día de hoxe, xa hai feito un investimento de preto de 300.000€ e que segue vixente un acordo de cesión ata 2028, que permite o uso do soto e dos andares baixo e primeiro para actividades municipais, máis sería determinante a xestión de todo o inmóbel, mellorando de xeito notábel o traballo asociativo e de club no noso concello”.

Ademais, engaden, “o edificio aínda mantén oficinas activas do ISM (Instituto Social da Mariña), polo que sería pouco prudente falar de reformas sen acordos previos cos organismos titulares”. Lembran a maiores que en datas recentes un incendio afectou ás instalacións, provocando novos danos e poñendo de relevo a urxencia de “actuar con rigor”. Os obxectivos dos socialistas son en primeira instancia “conseguir a adscrición do inmóbel con garantías, asegurar a reforma dos danos estruturais e das filtracións de auga e recuperar a xestión do edificio a nivel municipal para poder investir en acondicionalo como espazo socio-cultural”.

Engaden que “será vital buscar unha nova localización en condicións favorábeis para a actual oficina do ISM, garantindo a continuidade dos servizos”, e “tamén consideramos estratéxico recuperar para Rianxo os cursos formativos do ISM que durante anos se desenvolveron no noso pobo, e que supoñen unha oportunidade para a formación e dinamización local”.

Outros artigos

Venres de calor, ceos despexados e ventos do nordés

Galicia afrontará este venres 12, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica e a chegada de aire cálido, cunha situación dominada polo anticiclón e a circulación do nordés. Agárdanse ceos moi despexados en xeral. As temperaturas subirán de forma moderada e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...