O programa de Afundación que promove os beneficios da música en directo chega ao CEEPR Amicos de Ribeira

20 Maio 2025

O programa Música a flor de pel, iniciativa de Afundación (Obra Social de Abanca) para promover os beneficios da música en directa, recalou este martes 20 de maio no CEEPR Amicos de Ribeira con dous concertos didácticos. Até 26 nenos e nenas participaron no concerto didáctico que ofreceron Xoán Curiel, artista, compositor e terapeuta Gestalt, e Diana González, actriz, dinamizadora e profesora de teatro. Ambos presentaron unha actividade escénica con cancións orixinais baseadas nas músicas do mundo: reggae, pop, rock, tradicional etc., xerando unha experiencia en directo para aprender sons e ritmos a través de elementos teatrais, de narración oral ou do clown.

Afundación puxo en marcha este programa desde o coñecemento dos beneficios que a música en directo achega para a xestión das emocións, a diminución de medos e tensións, o desenvolvemento sensorial e perceptivo, o fomento da creatividade ou o reforzo da comunicación, entre outros. A música en vivo esperta emocións, favorece a expresión afectiva e xera unha contorna de seguridade emocional. Para os nenos e nenas participantes en Música a flor de pel, a música convértese nunha canle de comunicación non verbal que permite expresar alegría, sorpresa, tranquilidade ou entusiasmo, mesmo cando existen barreiras na linguaxe.

Nesta edición 2025 preséntanse tres propostas distintas entre as que os centros poden escoller aquela que lle resulte máis atractiva e adecuada. Por unha banda, a Fundación IgualArte, que traballa a arte con persoas con capacidades diferentes, ofrece tres espectáculos distintos: un concerto de música tradicional, a cargo da agrupación De t@pas; unha proposta musical partindo de composicións infantís, para público máis novo, coa Agrupación Musical Lavanda e Música con sentido, unha creación sensorial para experimentar cos diferentes sentidos.

Por outro lado, a proposta de Pedro Campos, un concerto no que o intérprete de percusión, cantante e musicoterapeuta, ex integrante do recoñecido grupo cubano David Álvarez y Juego de Manos e da Orquestra Galega Televisión de Galicia, entre outras agrupacións, crea un momento divertido e cheo de ledicia utilizando a percusión: batería virtual, bongós, timbais, maracas, etc.

A última proposta é a de Xoán Curiel, artista, compositor e terapeuta Gestalt, e Diana González, actriz, dinamizadora e profesora de teatro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.