O PP urxe a que a Deputación actúe na DP-1103 que une os concellos de Lousame e Boiro ao seu paso entre Comparada e Aldarís

08 Maio 2025

O voceiro do grupo do Partido Popular na Deputación da Coruña, Evaristo Ben, aproveitou o último pleno celebrado este luns 5 de maio para urxir ao Goberno da institución provincial a que actúe canto antes na estrada DP-1103 que une os concellos de Lousame e Boiro ao seu paso polas parroquias de Comparada e Aldarís.

En concreto, os populares denuncian “a existencia de vexetación sobre o propio asfalto da vía”, un feito, dixo Ben, que dificulta o tránsito dos vehículos. “Falamos dunha situación nefasta porque non se trata de que a vexetación invada a estrada desde as cunetas, senón que medra sobre a propia vía”, denunciou.

Neste sentido, o popular lembrou tamén que a DP-1103 sofre o paso de tráfico pesado con destino á planta de tratamento de residuos, un feito, indicou, que agrava a situación actual da estrada.

Segunda fase da DP-4201

Por outra banda, o voceiro do grupo do Partido Popular aproveitou a súa quenda de rogos para reclamar que Deputación da Coruña leve a cabo a segunda fase do proxecto da DP-4201, co que conseguir incrementar o ancho da estrada.

“No seu día realizouse unha primeira fase, pero agora é necesario acometer as obras que dean continuidade á mellora da estrada no seguinte tramo que ten unha lonxitude de 1,4km e, desta forma, incrementar o ancho da vía para mellorar a súa seguridade”, explicou Ben, quen lembrou que o propio presidente da Deputación, Valentín González Formoso, recoñeceu nunha visita a necesidade desta actuación.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.