O Concello de Rianxo recibe unha subvención da Deputación para seguir mellorando o Mercado Municipal

06 Maio 2025

O Concello de Rianxo comunicou que vén de recibir unha subvención da Dirección Xeral de Comercio e Consumo para a dinamización e revitalización do Mercado Municipal. A través desta axuda, por importe de 7.453,60€, abordarase a redacción do proxecto técnico de mellora do mercado para a súa inclusión na rede de mercados excelentes de Galicia.

O Executivo de Julián Bustelo anunciou tamén que está previsto presentar, nas vindeiras semanas, un proxecto de rehabilitación integral da praza Virxe de Guadalupe, así como do inmóbel do Mercado e do estacionamento municipal. O Concello engadiu que esta iniciativa “busca transformar por completo esta zona central da nosa vila”, centrándose tamén en emendar os problemas de infiltración de auga que se veñen rexistrando dende fai anos.

Outros artigos

A Deputación participa nunha nova edición de Culturgal

A Deputación da Coruña participará un ano máis en Culturgal, a Feira das Culturas Galegas, que celebrará a súa XIX edición do 26 ao 29 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. A institución provincial contará cunha programación propia que permitirá dar a coñecer...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

En maio de 2013, a Universidade de Syracuse, no estado de Nova York, encargoulle pronunciar o discurso para os seus graduados a un dos profesores do claustro, o escritor George Saunders, que catro anos despois gañaría o Booker británico con Lincoln en el Bardo, unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.