O Concello de Padrón celebra o Día da Bicicleta o sábado 31 de maio

09 Maio 2025

O Concello de Padrón vai celebrar o sábado 31 de maio unha nova edición do Día da Bicicleta, unha xornada lúdico-deportiva pensada para gozar en familia e promover o uso da bicicleta como medio de transporte sostíbel.

A xornada comezará ás 10:00 horas cunha visita guiada ás instalacións do Club Ciclista Padronés Cortizo, un espazo de referencia no mundo do ciclismo galego. As persoas interesadas nesta actividade deberán anotarse previamente na oficina municipal de Deportes, situada no Centro Social, ou a través do teléfono 981 811 329.

A partir das 10:30 horas abrirase o prazo de inscrición para a marcha ciclista e a xincana infantil no paseo do Espolón, punto neurálxico do evento. Ás 11:30 horas, dará comezo a marcha ciclista non competitiva de 15 quilómetros, dirixida a persoas maiores de 6 anos. O uso do casco será obrigatorio durante todo o percorrido, segundo lembran dende a organización.

Por certo que para os máis pequenos, o Concello preparou unha xincana lúdica e educativa, pensada para iniciarse no manexo da bicicleta en contornas seguras e divertidas.

Ao remate da marcha, arredor das 13:00 horas, procederase ao sorteo de material deportivo e diferentes agasallos entre todas as persoas participantes.

A actividade está organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Padrón e conta coa colaboración da Deputación da Coruña, Oliveira Bike, Casa Grobas, Deportes Estornela, CC Padronés Cortizo, A de Mario, Apiario Mazara-Rial e Onnyx Eyewear.

Desde o Concello anímase a toda a cidadanía “a participar nesta festa do deporte e da mobilidade sostíbel, que ano tras ano reúne á veciñanza e aos visitantes nun ambiente familiar e festivo”, indican fontes do Consistorio.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.