O Concello de Muros finaliza as obras para afrontar as infiltracións de auga mariña na rede de saneamento

27 Maio 2025

No Concello de Muros veñen de rematar as obras para evitar as infiltracións de auga mariña na rede de saneamento, que poden afectar ao funcionamento da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Muros. Segundo a concelleira de Obras, Laura Rivadeneira: “os motivos das infiltracións son varios, como a entrada polos aliviadoiros existentes e a filtración polas canalizacións de formigón, e dende o concello temos que atopar solucións”, apuntaba.

Pola súa banda, a alcaldesa de Muros, María Lago informaba de que: “as tarefas consistiron na instalación de tres válvulas de retención, cun investimento de 18.000 euros, para limitar a entrada de auga con sal na EDAR”.

Hai pouco tempo Augas de Galicia inspeccionaba varios pozos de rexistro da rede de augas pluviais, que discorren paralelas ao colector xeral de saneamento na rúa Porta da Vila, e que ademais abrangue a zona do núcleo de Muros, na que se rexistraron as maiores lecturas de condutividade.

En resumo, se entra auga con elevada condutividade (sal) na EDAR isto pode causar problemas no tratamento e afectar á eficiencia do proceso de depuración. Para as incidencias detectadas, propúxose a instalación directa de tres clapetas (válvulas de retención) nos puntos de vertedura dos pozos. A actuación correu a cargo dun equipo de cinco mergulladores. Estas clapetas permitirán o paso da auga nun sentido e bloquearán o fluxo no sentido contrario, é dicir, permitirán que a auga poida saír pero non entrar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.