O Concello de Boiro recibe unha subvención para a contratación dun técnico forestal e catro peóns

20 Maio 2025

O Concello de Boiro recibe da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración unha subvención por importe de 86.971,30 euros para o fomento de emprego no medio rural (APROL) mediante a contratación de un técnico forestal e catro peóns. A contratación realizarase a través do Servizo Público de Emprego.

Boiro conta con 111 entidades singulares nas parroquias que deberán ter faixas do 50m de roza e retirada das especies para previr propagación dos lumes. O obxectivo desta subvención é “a contratación de cinco persoas para a realización do servizo de prevención de incendios forestais nas faixas secundarias dos núcleos rurais do concello de Boiro durante o ano 2025”, informou o Concello, engadindo que as funcións a desenvolver do técnico forestal serán as de inspeccionar as parcelas incluídas nas franxas de prevención dos núcleos de poboación, identificando aos propietarios que incumpren os criterios da xestión da biomasa. Pola súa parte, os peóns participará das tarefas de roza de parcelas municipais de influencia forestal e os camiños públicos que requiran roza manual.

Outros artigos

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.