O Concello de Boiro celebra esta semana a segunda edición da Feira de Emprego do Barbanza

12 Maio 2025

O Concello de Boiro celebra esta semana, os días 14 e 15 de maio, unha nova edición da Feira de Emprego do Barbanza. O encontro terá lugar no Centro de Formación e Viveiro de Empresas de Espiñeira e está destinado a empresas e tamén demandantes de emprego.

Estas xornadas teñen como finalidade promover e facilitar a relación entre o tecido empresarial da comarca do Barbanza e as persoas demandantes de emprego; así como dar a coñecer as principais estratexias en materia de formación e selección que se están a levar a cabo por parte das organizacións empresariais para facilitar a inserción laboral da comarca.

Os foros de debate desta edición versarán sobre os avances tecnolóxicos da Intelixencia Artificial e a súa repercusión sobre as empresas e propoñer estratexias sobre a sustentabilidade a través da economía circular, tomando conciencia da importancia que supón para o desenvolvemento local e territorial e para a saúde medioambiental.

A feira comezará o día 14 de maio con dous foros de debate. O primeiro deles, que comezará ás 10.00 horas versará sobre a Intelixencia artificial e futuro no emprego e contará con Jorge Teixeira, enxeñeiro informático, como moderador e nel participarán Diego Vázquez, director executivo de Newmind innovatio e NM-IOT SL; Juan José Manso Carballo, fundador de GFM-Ideas; Pablo García; director executivo (CEO) da Prana AI; e Pablo Fernández, secretario xeral de Emprego da Consellería de Emprego.

Logo dun descanso ás 12.00 horas dará comezo o foro Economía circular: unha aposta polo futuro do emprego que estará moderado pola xerente da mancomunidade, Fátima Cachafeiro, e contará coas intervencións de José Manuel Fernández, subdirector da oficina económica de Galicia do IGAPE; José Peleteiro de Ecoplas; Elena Fontán de Orixe Salgada; e Josefa de León, de Viratec.

O segundo día, o xoves 15, estará enfocado ás persoas demandantes de emprego a través de diferentes obradoiros de media hora de duración nos que se proporcionarán opcións de formación ou reciclaxe profesional, ferramentas para mellorar a súa empregabilidade e facer procura activa de emprego, o emprendemento ou o autoemprego.

O primeiro dos talleres será sobre Orientación profesional: accións formativas para persoas desempregadas e accións formativas de formación profesional que estará impartido por Recursos Galicia SL. O segundo taller será de Procura activa de emprego, impartido por Nortempo ETT. E o terceiro dos talleres será Creando mañá: como converterte no propietario da túa empresa e estará impartido pola Asociación Boirense de Empresas (ABE).

Durante a xornada do xoves contarase coa presenza de empresas de diferentes sectores que ofrecerán o seu espazo para informar sobre perfís máis demandados no seu ámbito, postos de traballo vacantes ou recollida de currículos. Ao final da xornada do xoves, todas as persoas que participen e intermedien con empresas, participarán nun sorteo especial. O número para a participación no mesmo asignarase segundo a inscrición realizada na páxina web, sendo preciso estar presente no momento do sorteo.

Aínda que as xornadas están pensadas para empresas e demandantes de emprego, aos foros e talleres pode asistir o público xeral. As inscricións para participar poderán facerse mediante a páxina web do Concello de Boiro ou no mesmo día da feira.

Outros artigos

Corrubedo celebra as súas festas de agosto de 2026

A localidade de Corrubedo celebra as súas grandes festas do mes de agosto cun amplo programa de actividades deportivas, relixiosas e lecrativas que se estenderá durante os días 2, 6, 7, 8, 9, 14 e 15. A programación arrincaou no eido deportivo o domingo 2 de agosto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

La crisis de Ceuta fue analizada desde muchos ángulos, pero la rabiosa actualidad obliga a volver sobre ella porque deja enseñanzas que, como ciudadanos, debemos conocer. Primero, la entrada masiva en Ceuta, más que un episodio migratorio, es un drama humano de miles...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.