O Concello de Boiro abre este luns 5 o prazo de inscrición para participar no Campamento Concilia de Verán 2025

02 Maio 2025

O Concello de Boiro abre este luns 5 de maio o prazo de inscrición no Campamento Concilia Verán 2025 que se leva a cabo entre o 1 de xullo e o 29 de agosto de 2025, agás sábados, domingos e festivos, para favorecer a conciliación durante a época estival, e destinado a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos escolarizados.

O campamento desenvolverase en catro sedes distintas: as instalacións do CEIP Santa Baia de Boiro, do CEIP de Abanqueiro, do Centro Social de Cabo de Cruz e do CEIP Cespón. O servizo levarase a cabo de 8.00 a 14.00 horas ou de 10.00 a 14.00 horas e as inscricións poderán formalizarse para os dous meses ou só un deles.

O desenvolvemento das actividades destes campamentos estará baseado en técnicas de intervención participativas e activas, segundo explicou o Concello, engadindo que estamos ante unha iniciativa para “fomentar a creatividade e os valores de respecto e solidariedade con enfoques non sexistas; con actividades planificadas segundo as idades e necesidades socio-educativas”.

O número total de prazas ofertadas é 220 distribuídas entre os diferentes centros. Para participar é necesario estar empadroado no concello de Boiro, primará a ocupación laboral dos proxenitores ou titores legais e tamén a asistencia de dous meses sobre un. O prezo de participación será de 150 euros/ mes para o horario de 8.00 a 14.00 horas e 110 euros/mes para o horario de 10.00 a 14.00 horas, podéndose aplicar descontos nos casos de segundos irmáns, familias monoparentais ou persoas en exclusión social.

O prazo de inscrición abre o luns 5 de maio e deberase formalizar presentando a documentación requirida mediante o Rexistro Xeral ou sede electrónica. As bases están dispoñíbeis na web municipal.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.