O Concello da Pobra restaurará o muro de contención do lugar das Pontes coa vista posta na mellora da seguridade

08 Maio 2025

O Concello reporá un muro de contención e acondicionará a contorna do lugar das Pontes, na parroquia de Posmarcos. Farao cun proxecto que se atopa en fase de licitación e cuxo valor de contrato achégase aos 50.000 euros. A concelleira de Obras, Patricia Lojo, sinalou que se trata de obras “esenciais coas que se reforzarán as condicións de seguridade na zona”.

O treito do muro sobre o que se actuará atópase nunha vía que presenta un importante desnivel duns cinco metros con respecto ás fincas lindeiras pola zona sur. Esta diferenza de altura resolveuse, no seu día, por medio da execución dun muro. Porén, a estrutura presenta, na actualidade, un problema de estabilidade, presentado fendas e zonas pandeadas (curvadas).

Para solucionar estas deficiencias, o Concello demolerá o treito afectado, duns 24 metros. A continuación, procederá á súa reposición seguindo, para iso, o mesmo sistema construtivo, con muro de perpiaño. As actuacións completaranse coa reposición das escaleiras de acceso á parcela situada no flanco sur.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.