O CIFP Coroso inaugura as Xornadas de Orientación Profesional cunha ampla oferta formativa e empresarial

21 Maio 2025

No día de hoxe deron comezo en Ribeira as Xornadas de Orientación Profesional da Comarca, un evento promovido polo CIFP Coroso co obxectivo de achegar á cidadanía a oferta educativa e formativa en Formación Profesional (FP) e formación ocupacional dispoñible para o curso 2025-2026. A inauguración contou coa presenza do alcalde, Luís Pérez; o tenente de alcalde, Vicente Mariño; a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla; e o director do CIFP Coroso, Manuel Teira.

Durante dous días, 21 e 22 de maio, e nunha carpa instalada no aparcadoiro do centro, o público poderá coñecer de primeira man a ampla variedade de itinerarios formativos e profesionais existentes na comarca, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas —agás o xoves, que pola tarde será de 16:00 a 18:00.

Segundo o propio centro, “levamos 11 anos facendo xornadas de portas abertas e visitas guiadas, pero este ano quixemos dar un paso máis”, sinalan dende a organización.

Participación educativa e empresarial

Na vertente educativa participan entidades como Ambar, AMICOS, o Programa Integrado de Emprego, o IES Espiñeira, IES Félix Muriel, IES de Ames, IES Leliadoura, a Escola Náutico-Pesqueira e o CPR Divino Maestro. A nivel empresarial, están presentes compañías e colectivos como Utillaje Pontevedra, Congalsa, Jealsa, Escurís, Grupo Resnova, Climafrío, Stac, Limpezas Noroeste, Pet Select, Alro Maquinaria, así como as asociacións de empresarios da construción e hostalería.

Esta mañá visitaron a carpa arredor de 80 alumnos e alumnas de 4º da ESO procedentes do IES Leliadoura, o CPR Bayón e o IES da Pobra. Para mañá xoves está prevista a asistencia do alumnado do CPR Milagrosa, IES A Cachada e o IES Félix Muriel, sumando outros 80 estudantes.

Ademais das visitas guiadas polas instalacións do CIFP Coroso, a organización lembra que as xornadas están abertas a toda a poboación, independentemente da súa idade ou nivel de formación.

Un compromiso coa formación e o emprego

Durante a apertura, o alcalde Luís Pérez destacou a importancia da formación continua: “Nun mundo laboral en constante evolución, a formación xa non é unha opción, senón unha necesidade. Ribeira quere ser un referente en formación e empregabilidade, e desde o Concello apoiaremos sempre iniciativas que axuden á cidadanía a atopar un camiño profesional con futuro.”

Pérez tamén felicitou ao CIFP Coroso pola organización das xornadas e valorou positivamente a implicación dos centros educativos e das empresas participantes. Subliñou que “é imprescindible que as persoas, independentemente da súa idade, estean abertas a reciclarse, aprender e mellorar”.

Estas xornadas, segundo engadiu, representan unha excelente oportunidade para coñecer a realidade educativa e laboral da contorna e para poñer en valor a Formación Profesional como unha vía directa cara ao emprego de calidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hay corruptos porque los controles no funcionan”. Manuel Velo

“Hay corruptos porque los controles no funcionan”. Manuel Velo

Se echan de menos los contrapesos que actúen a tiempo con neutralidad y profesionalidad. No hay verdadero interés por acabar con la corrupción a pesar qué según datos, España tiene más órganos de control que cualquier país de la UE. Las escaramuzas que de vez en cundo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.