O campo da festa de Rois acolle este venres a gran verbena do Santo Isidro con Charleston Big Band e La Mega CDC

13 Maio 2025

O campo da festa de Rois acolle este venres 16 de maio, a partir das 23:00 horas, unha das citas máis agardadas do calendario festivo do concello: a gran verbena do Santo Isidro. A música correrá a cargo da histórica Orquestra Charleston Big Band, que celebra este ano o seu 40 aniversario, e da discoteca móbil La Mega CDC, coñecida polas súas actuacións enérxicas e festivas.

A orquestra Charleston Big Band, creada en 1984 por un grupo de músicos da Banda Municipal de Música de Padrón, conmemora este ano catro décadas nos escenarios. A súa historia está marcada pola evolución constante, a incorporación de voces recoñecidas e unha posta en escena impecable. Finalistas en 2024 dos Premios Martín Códax da Música, continúan a ser un referente das verbenas galegas.

Pola súa parte, La Mega CDC representa o lado máis espectacular das discotecas móbiles, consolidada como líder nas noites festivas de Galicia. O éxito desta formación débese non só ao apoio do público, senón tamén ao seu equipo humano e técnico, que foi medrando e perfeccionándose tras cada evento.

O Concello de Rois lembra que, como en anos anteriores, habilitarase un aparcadoiro gratuíto e un servizo de cantina, para que todas as persoas asistentes poidan gozar da verbena con comodidade.

Co obxectivo de garantir un espazo seguro, libre de violencia machista e de calquera tipo de agresión ou comportamento discriminatorio, o Concello de Rois contará cun Punto Lila operativo de 00:00 a 03:00 horas.

A gran verbena do día 16 será o broche de ouro a dous días de celebración, que comezan o xoves 15 coa tradicional homenaxe Santo Isidro Labrador a Ramón e Clara Abalo polo seu labor no mundo da camelia, o pregón da escritora roisense María Losada Vázquez e o xantar popular, no que participarán centos de veciños e veciñas no polideportivo dos Dices.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...