Noa Pérez gaña o Certame Poético Rosalía de Castro que convoca o Concello de Padrón

16 Maio 2025

A escritora viguesa Noa Pérez González foi a gañadora da undécima edición do Certame Poético Rosalía de Castro convocado polo Concello de Padrón. A súa obra Pequeno panteón politeísta, presentada baixo o lema Gato de Cheshire, foi elixida entre os 39 traballos presentados nesta edición.

O xurado destacou da obra gañadora “a forza de certas imaxes, o humor, a ironía coa que reflexiona sobre lembranzas da súa infancia e a frescura coa que aborda a súa xeografía sentimental”.

Noa Pérez recibirá un premio de 1.500 euros e a publicación da obra na colección Poesía Rosalía de Castro que edita o Concello de Padrón.

Licenciada en Filoloxía Galega, Filoloxía Románica e Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, Noa Pérez é profesora de Lingua Galega e Literatura no ensino secundario. Ten publicadas dúas novelas: O ocaso da familia Portela (2015) e A pedra de ámbar gris (2021).

Aínda que ata agora se ten centrado na narrativa, a autora leva arredor dun ano escribindo poesía. “Comecei a escribir poemas como un xogo comigo mesma. Reflexionaba sobre o que somos, como nos construímos e en que momentos… A partir diso foron xurdindo poemas que acabaron por tomar forma de libro. Cando o rematei, pregunteime que facer con el e decidín presentalo ao certame de Padrón, principalmente pola proximidade a Santiago, que é onde vivo, e porque durante un ano impartín clase de galego no IES Camilo José Cela”, explicou a gañadora.

Engade que este libro foi para ela “un reto persoal por tentar transformar en poesía certos acontecementos da infancia, capturar instantes do pasado”. “Preguntábame ademais se poderían conectar con outras persoas, incluso con quen non viviu nos anos 70 ou 80. Supoño que este premio confirma que si, que hai algo común a todas as infancias”, subliña.

O xurado deste XI Certame Poético Rosalía de Castro reuniuse esta mañá na casa consistorial de Padrón, presidido polo alcalde, Anxo Arca. Forman parte do mesmo Anxo Angueira, profesor titular da área de Filoloxía galega e portuguesa da Universidade de Vigo, presidente da Fundación Rosalía de Castro e académico da Real Academia Galega; Manuel Lorenzo Baleirón, escritor e mestre no IES Macías o Namorado de Padrón; Miriam Ferradáns Ferradás, poeta e graduada social; Inés Mosquera Calvo, tradutora, intérprete e escritora, e Rita Bugallo González, escritora e profesora de educación secundaria de Lingua galega e literatura. Actuou como secretaria, con voz pero sen voto, a animadora cultural do Concello de Padrón Beatriz Lorenzo Vázquez.

Outros artigos

Este venres 11, máis sol co avance do día e temperaturas en ascenso

O reforzo da influencia anticiclónica e a entrada de circulación de vento do nordés marcarán a predición meteorolóxica deste venres, garantindo unha xornada de tempo seco e progresivamente máis despexado. Durante as primeiras horas da mañá predominarán as nubes baixas...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.