Mércores 14, ceos parcialmente anubrados e posibilidade de chuvascos illados pola mañá

13 Maio 2025

Este mércores estaremos nunha situación intermedia que traerá ceos con intervalos de nubes, con posibilidade de chuvascos illados e ocasionais, especialmente no interior mellorando progresivamente a medida que avance o día.

As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente, mentres que as máximas rexistrarán unha subida. Os ventos soprarán en xeral frouxos e de dirección variable, con predominio da compoñente norte.

A partir do xoves empezará a melloralo tempo e as temperatuars comenzarán a subir.

meteogalicia

A partir do xoves o tempo tende a estabilizarse e teremos sol e temperaturas recuperandose durante o menos quince días.

O noso mar: Vento variable á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 3 á mañá, 3 a 5 á tarde e 3 a 4 á noite. Mar ovellado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 1.5 metros á mañá e 0.5 a 1.5 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

Ribeira con Orgullo terá como pregoeiro ao veciño Rafa Moraña

O Concello de Ribeira presentou este martes os actos programados para celebrar o Día do Orgullo, este sábado 28 de xuño. Na cita cos medios informativos participaron a concelleira de Igualdade e Diversidade, Cruz Rivadulla; a asesora legal do CIM (Centro de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.