Medio Ambiente acometerá a rehabilitación da capela de Xan Xaquín na illa de Ons

22 Maio 2025

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, acometerá a rehabilitación da capela de San Xaquín de Ons cunha actuación encamiñada a solucionar as diversas patoloxías que presenta este ben patrimonial, derivadas do paso do tempo, as humidades e a entrada de auga desde o exterior. Así o anunciaron durante a visita que realizaron á illa, este xoves 22, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, que explicaron que se realizou unha valoración do estado do templo, localizado nun recinto pechado ao sur dun dos espazos que conforman o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, que apunta a que a actuación contará cun investimento aproximado de 170.000 euros.

Vázquez resaltou tamén a escavación no castro, actuación na que colabora a Universidade de Vigo e na que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático garante a conservación da contorna e a integración dos achados no Parque Nacional mentres que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude impulsa a musealización e difusión do patrimonio arqueolóxico.

Tal e como explicaron, o informe elaborado a petición do Parque Nacional conclúe que, como consecuencia do paso dos anos e da climatoloxía, a capela sufriu diversos danos como o desprendemento de parte do falso teito, quedando a outra parte tamén en perigo de derrubamento. Ademais, a outras deficiencias provocadas pola entrada de auga pola cubertas e as fachadas, súmaselle que a madeira está afectada polo ataque de xilófagos.

É por iso que os traballos deberán centrarse no derrubamento dese falso teito, da cuberta de tella e da estrutura de madeira de pontóns para abordar seguidamente a súa recuperación mediante o uso de novos materiais e a recolocación dos elementos orixinais que se poidan restaurar. Ademais, é preciso actuar na fachada principal con tarefas de picado, saneado e novo encalado, mentres que as laterais e a posterior tamén serán obxecto dunha limpeza e saneamento.

O informe previo recolle tamén a necesidade de pulir o chan de terrazo, de drenar para evitar humidades, de realizar tratamentos antixilófagos, de restaurar a carpintería da porta e novas carpinterías para os ocos das ventás e de instalar un novo sistema de electricidade e iluminación da capela, que foi inaugurada en 1848.

Ciclo da auga
Por outro lado, Ángeles Vázquez lembrou que este ano está previsto rematar as obras para mellorar ao ciclo da auga no Parque Nacional, que inclúen a construción dunha depuradora de última xeración en Ons e a mellora das instalacións para o abastecemento de auga para consumo doméstico tanto para a veciñanza como para atender o resto de servizos existentes cun investimento de preto de 1,4 millóns de euros.

A titular de Medio Ambiente e Cambio Climático subliñou que a estas actuacións engádense outras previstas para este ano que suman un investimento de máis de 380.000 euros -hai algunhas adicionais que dependen da dispoñibilidade de fondos europeos- e que inciden na conservación natural da illa así como en dar a coñecer os seus valores mediante campañas de divulgación e a organización de distintas actividades.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.