Máis de 300 deportistas participaron na 11ª Carreira pola Diversidade de Ambar (recadáronse máis de 8.000 euros)

11 Maio 2025

Este domingo 11 de maio celebrouse en Ribeira a undécima edición da Carreira pola Diversidade, a Carreira Solidaria da Asociación Ambar pioneira na Barbanza, e que ten o obxectivo de visibilizar e promover a inclusión real e efectiva das persoas con diversidade funcional e fomentar valores como a participación, convivencia, igualdade de oportunidades e accesibilidade de todas as persoas. Acudiron máis de 300 persoas en tódalas modalidades da carreira. Máis de 90 persoas participaron na Andaina, xuntáronse máis de 90 cativos nas probas infantís e arredor de 130 persoas na categoría absoluta.

A esta entrega achegáronse corredores e corredoras de distintas comarcas como José Manuel de la Iglesia, Paula Ramallo, Moisés Calvo, Clara Millares, Sabela Pensado ou Javier del Río. Estiveron presentes Xabier Vidal, concelleiro de deportes; Cruz Rivadulla, concelleira de diversidade; Alicia Romero, secretaria da Asociación Ambar, Milagros Rey, presidenta de Ambar, José Manuel de la Iglesia, Juan Carlos Rial e José Antonio Chouza, membros da
directiva de Ambar; Miriam Santiago representando a Jealsa; Pablo Ferreirós, Manuel Caamaño e Manuel López colaboradores do evento e Helena Teira, coordinadora xeral de Asociación Ambar.

A organización (Ambar) salientou que graza ás persoas que colaboraron no evento recadáronse máis de 8.000 €. Este ano a recadación destinaranse a organizar saídas e respiros familiares dentro da área de ocio, para que as persoas usuarias sigan desfrutando destas actividades, ó mesmo tempo que
tamén se ofrece un respiro e conciliación para as familias.

“Grazas ó traballo que fai Ambar en todos os aspectos da vida e grazas a todos por asistir, vémonos na próxima edición” palabras de Cruz Rivadulla ó remate do evento. “Non é só unha carreira, a carreira fala de inclusión, que é o que levamos facendo dende Ambar dende 1982. Grazas ó Concello de Ribeira por facilitarnos as cousas. Grazas a todas as empresas colaboradoras, é fundamental e non só a nivel económico, xerar un vínculo de colaboración é fundamental”, afirmou Milagros Rey no remate do seu discurso despois da entrega de premios das diferentes categorías.

Ó final da xornada celebrouse un sorteo no que participaron todas as persoas inscritas.Sorteáronse varios produtos coma por exemplo 2 vales de fisioterapia María Martínez, 1 cesta de produtos cosméticos de Galana e 1 lote de libros da librería Master, O evento foi unha gran celebración, houbo actuación do grupo The Cuncas nunha sesión vermú con pintxo solidario para poñer o broche final desta undécima edición da Carreira pola Diversidade.

Colaboradores

A organización destacou a colaboración do Concello de Ribeira, Ramiro Carregal, CONGALSA, JEALSA, SERDECO, Tarrío e Suárez, Toxo Telecom, Combustibles Puebla, Grupo Dunas, Rebeca Ozores, Pablo Ferreirós Vidal, Neumáticos Soto, Mariño Ortopedia, Conresa, Grupo Outeiral, Eclipse, Electrodomésticos Sampedro, Gadis, Max China, Fariña Bretal, Trazos, Motor Boiro, Climafrío, Dismac e Boiresa.

Tamén se contou co apoio de persoas recoñecidas como Sara Seco Rial, Olaxonmario e Borxa de Orgullo Galego.

Palmarés

Categorías Inclusivas

Zapatilla inclusiva masculina

Javier García del Río

Moisés Calvo Viturro

Fernando Carballo Lisboa

Zapatilla inclusiva femenina

Paula Ramallo Ozores

Cadeira Masculina

José Manuel de la Iglesia

Sub 18

Sub 18 Masculino

Manuel Martínez Pérez

Francisco Fernandez Gonzalez

Senior

Senior Masculino

Alberto Riveiro Lampón

Saul Benítez Pérez

Xabi Agraso Alonso

Senior Femenina

Elisabeth Sieira Pego

Sara Crujeiras Sampedro

Lara Miguéns Sanles

MASTER

Master 1

Femenino

Sabela Pensado Parada

Olalla Saborido Gil

Natalia Carreño Lojo

Masculino

Ernesto Triñanes Martínez

Victor Laíño Silva

José García Martínez

MASTER 2

Feminino

Lucía Mariño Paz

Lupe Santos Lampón

Claudia Caso Bernabé

Masculino

Juan Francisco Fernández Lijó

Israel Benítez Somoza

Sindo González Castro

MASTER 3

Feminino

María Jesús Rey Rodríguez

Masculino

Luis Mendez Torres

Luis Miguel Parada García

Juan Carlos Brión Lema

    Outros artigos

    Publicidade

    Revista en papel

    Opinión

    “La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

    “La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

    Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

    “El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

    “El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

    En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

    O Barbanza
    Resumo de privacidade

    Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.