Julián Bustelo presenta en Madrid o proxecto para converter a Casa do Mar na futura Casa da Música de Rianxo

09 Maio 2025

O secretario de Estado de Cultura, Jordi Marti Grau, recibiu esta semana ao alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, para abordar diferentes asuntos de interese para o municipio rianxeiro. Na xuntanza, que tivo lugar no Ministerio de Cultura, analizáronse as posíbeis vías de colaboración entre as dúas administracións para impulsar proxectos relacionados coa dinamización e o fomento da cultura. En particular, abordouse a iniciativa específica para a transformación da Casa do Mar na futura Casa da Música de Rianxo, un proxecto que busca converter o actual inmóbel “nun centro de referencia para as bandas e as asociacións de música e baile tradicional”, tal e como sinalou o alcalde.

Bustelo valorou moi positivamente a xuntanza e destacou o “esforzo do Executivo rianxeiro por establecer alianzas coas diferentes administracións para impulsar iniciativas de interese para a veciñanza de Rianxo”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

Nadie quiere la guerra, mentira. Cuando se cerró la fábrica de armas de Coruña (nombre ficticios) tanto Juan como el sobrino Pablo fueron al paro, y la hipoteca sin pagar. En el norte de España tenemos una fábrica de armas , entre otras cosa fabrica buenas escopetas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.