JEALSA e Cruz Vermella de Boiro renovan a súa colaboración co programa educativo Ludieduca

07 Maio 2025

A empresa boirense JEALSA e a Asamblea Local de Cruz Vermella en Boiro renovaron un ano máis o seu compromiso coa educación social ao asinar a continuidade do programa Ludieduca, unha iniciativa que xa se consolidou como referente no ámbito educativo da comarca.

Desde a súa creación no ano 2012, Ludieduca leva once edicións desenvolvéndose con éxito e medrando grazas á colaboración entre ambas entidades. Na actualidade, o programa está presente en oito centros de Educación Infantil e Primaria dos concellos de A Pobra do Caramiñal e Boiro.

Canal Rías Baixas

Segundo datos ofrecidos por JEALSA, este ano participarán máis de 200 nenos e nenas, que se beneficiarán dunha proposta centrada na participación infantil e na transmisión de valores fundamentais como o respecto, a igualdade e a inclusión, traballados dende o contexto escolar e familiar.

Como novidade desta edición, introdúcese un módulo específico sobre o uso responsable das novas tecnoloxías, unha resposta directa á preocupación crecente polo impacto dixital na infancia.

Durante o acto de presentación, Margarita Hermo, en representación de JEALSA, subliñou que “a educación en valores debe comezar no fogar, pero tamén é responsabilidade das empresas comprometidas co seu entorno”, destacando o orgullo da compañía por renovar esta colaboración.

Pola súa banda, o presidente da Asemblea Local de Cruz Vermella, Julio García Varela, afirmou que “a través de Ludieduca buscamos inculcar valores fundamentais que a sociedade precisa e que deben transmitirse desde as primeiras etapas da vida”.

Con esta nova edición, Ludieduca reafirma o seu papel como proxecto educativo integral e ferramenta clave na construción dunha sociedade máis responsable e solidaria.

Canal Rías Baixas:

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.