JEALSA acolle un encontro co pleno da Cámara de Comercio de Santiago coa presenza de Gómez Besteiro

21 Maio 2025

Achegar os órganos de goberno ao tecido empresarial era o obxectivo da xuntanza que tiña lugar onte, martes 20 de maio, por parte do pleno da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela que visitaba as instalacións de JEALSA, en Boiro. Á visita acudiu o secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, quen foi recibido pola presidenta da Cámara, María Pais; a secretaria xeral, Rosa Mary Cardeso, e o equipo directivo da empresa boirense así como o secretario xeral de ANFACO, Roberto Alonso.

Dicir que a sesión comezou cunha visita guiada polas instalacións de JEALSA, na que se salientou a evolución da empresa cara a un modelo baseado na sostibilidade, a innovación e a economía circular.

A presidenta da Cámara, María Pais, subliñou o compromiso da Cámara “co fortalecemento do tecido empresarial e a promoción do crecemento empresarial e o emprego da demarcación cameral, así como a súa disposición para seguir traballando para facer accesíbel ás empresas, con independencia do seu tamaño e sector, as diferentes políticas públicas, e para trasladar ás distintas administracións as inquedanzas empresariais”.

Roberto Alonso, secretario xeral de ANFACO, fixo fincapé “na importancia de acadar unha unidade institucional total para que o atún sexa excluído da negociación dun acordo de libre comercio entre a Unión Europea e Tailandia. O contrario, implicaría xerar unha competencia desleal con grave risco para a industria galega por falta dos mesmos estándares, especialmente ante o emprego xeneralizado na Tailandia de pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.”

Preto dunha vintena de membros do pleno participaron na reunión, que foi clausurada polo propio Gómez Besteiro. Na súa intervención, o líder socialista advertiu sobre o impacto “da guerra comercial iniciada pola Administración Trump, que pon en risco os importantes avances das exportacións galegas cara a Norteamérica, cun incremento do 40 % nos últimos anos até superar os 800 millóns de euros”. Subliñou a importancia de abrir novos mercados e de contar con instrumentos de apoio ás empresas afectadas. Para rematar tamén quixo recoñecer o papel das Cámaras de Comercio neste eido, tanto polas misións comerciais que impulsan como polo apoio á internacionalización, os programas de formación, a expedición de documentos de exportación ou o seu labor na modernización e dixitalización das empresas, tarefas todas elas especialmente valiosas no contexto internacional actual.

Cómpre dicir que JEALSA é unha empresa familiar española fundada en 1958 por D. Xesús Alonso

Fernández. Adicada á fabricación e comercialización de conservas de peixe e marisco. Logo de 65 anos de historia, JEALSA é un dos principais produtores a nivel mundial grazas á innovación e á aposta pola diversificación.

Outros artigos

Venres de calor, ceos despexados e ventos do nordés

Galicia afrontará este venres 12, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica e a chegada de aire cálido, cunha situación dominada polo anticiclón e a circulación do nordés. Agárdanse ceos moi despexados en xeral. As temperaturas subirán de forma moderada e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...