Incendio nun alpendre no concello de Noia

13 Maio 2025

O Parque Provincial de Boiro recibiu aviso esta madrugada por un incendio nun alpendre no lugar de Ponte de San Francisco, no Concello de Noia.

O lume afectaba a un pequeno pendello cunha lareira e leña almacenada no interior. As lapas chegaron a propagarse ao tellado que compartía co pórtico da vivenda.

Os bombeiros procederon á extinción do lume e á retirada do material combustíbel para a súa refrixeración. A intervención completouse coa comprobación da extinción total do incendio. Non se rexistraron danos persoais.

No lugar tamén estiveron efectivos da Garda Civil.

Foto do Parque Provincial de Boiro

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión