Fogo Fatuo celebra en maio un Pasabares da Primavera (este sábado) e un concerto das Letras Galegas (o 17)

02 Maio 2025

Comezou o mes de maio e en Rianxo a Asociación Fogo Fatuo preparou un completo programa de actividades para conmemorar a cultura galega e o 17 de maio. A axenda dá comezo este sábado 3 de maio co Pasabares da Primavera, organizado por Fogo Fatuo. Consistirá, se o tempo o permite, nunha ruada dos músicos e pandereteiras da asociación polos establecementos hostaleiros da Rianxo. Celebrarase a partir das 20.00 horas.

Ademais, a asociación prepara para o 17 de maio o Concerto do XXII Aniversario da Banda da Escola de Música de Rianxo, encadrado na celebración do Día das Letras Galegas. Será ás 12.00 horas no Campo de Arriba. Haberá, en palabras das organizadoras e organizadores, “música, tradición e emoción”. Actuarán a Banda da Escola de Música de Rianxo, o Coro do CEIP Ana Mª Diéguez, As Pandereteiras de Vai de Roda e O Baile de Fogo Fatuo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.