Fantoches Baj leva a Escarabote, este venres, a función familiar “Castelo, un corazón á intemperie”

07 Maio 2025

O Centro Social de Escarabote vai acoller este 9 de maio unha nova cita cultural de homenaxe ao escritor, debuxante e político rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Trátase da función familiar Castelao, un corazón á intemperie, a cargo de Fantoches Baj. Será a partir das 19.00 horas en Agramuíña. A sesión encádrase no programa cultural do Ano Castelao da Rede de Dinamización Lingüística, que contará con diversas actividades orientadas a celebrar a figura do escritor, artista e político de Rianxo.

Trátase dunha peza de teatro dirixida a nenos e nenas a partir dos 6 anos e mais ás súas familias. Nela veremos a Varela Buxán (dramaturgo e director de escena que no seu día dirixiu a estrea d’Os vellos non deben de namorarse) render a súa particular homenaxe a Castelao. Nun pequeno escenario, vai narrar as vicisitudes da súa vida e vai representar algúns dos seus fitos literarios apoiándose en diferentes técnicas escénicas. Deste xeito O pai de Migueliño contarao con viñetas a modo do Kamishibai, Peito de Lobo representarao usando un cabezudo, para o primeiro cadro do segundo lance d’ Os vellos non deben de namorarse empregará monicreques e para o monologo d’ Un ollo de vidro valerase da técnica do teatro de máscaras.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...