“Falta vontade política, sobran bombas: Gaza, asasinada minuto a minuto” – Antón Luaces

27 Maio 2025

Israel bombardeou este luns unha escola -unha máis- no norte de Gaza. Foi un outro ataque nun lugar teóricamente destinado a refuxio seguro para as familias que alí se acubillaban. Entre os mortos, nenos, nenas e bebés. Cantos máis teñen que morrer para que se deteña esta violencia?

É certo que cada vez son máis os países que se opoñen con rotundidade ao que está a pasar en Gaza; máis non abonda con expresar preocupación, con ollar cara outra banda mentres Israel, polo ditado do seu goberno, bombardea hospitais e escolas ao tempo que mata de fame a milleiros de cativiños cuxa simple visión confirma o xenocidio que practica un país que padeceu outro vai oitenta anos.

É chegado o momento de que se esixa un alto o fogo inmediato e o remate do bloqueo á axuda humanitaria que centos de camións tentan facer chegar a milleiros de cidadáns palestinos que pagan así o feito de convivir con uns irmáns que, ao igual que os israelitas fixeron anos atrás con outros concidadáns, amparan agora aos que antes lles deran acubillo nunha terra que, nos alicerces da ONU, foilles entregada polos vencedores da II Guerra Mundial para que tivesen onde vivir. 

Alto o fogo, xa. Non hai outro xeito de deter esta catástrofe. Cada hora conta diante da severa destrución á que se ve sometida a franxa de Gaza que os norteamericanos de Trump queren converter nun inmenso resort. O mundo non pode seguir pechando os ollos diante de semellante crime. Israel non  pode esquecer o que os xudeus padeceron na Alemaña de Hitler. A memoria do pobo israelita non pode ser tan fráxil. Non lles doe o que están a facer en Gaza?

Falta vontade política e sobran bombas que a Humanidade rexeita porque lle sobran experiencias con elas.

Outros artigos

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

+

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

+

“Menores y Marruecos” – Manuel Domínguez

Un menor debe ser entregado a su familia, lo contrario puede entenderse como secuestro, aunque sea un llamado secuestro involuntario, un estado no puede quedarse con un niño que pertenece a otro país debe ser devuelto y entregado a su familia, por otra parte no se...

+

“Nómades e emigrantes” – José Manuel Pena

Que está a acontecer coa falta de humanidade cara a moita xente que sae dos seus países en busca dun futuro mellor, lonxe da miseria económica e da falta de liberdade ou vivindo situacións de conflitos armados. Son persoas inocentes pero pobres, sen máis nada que o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O rei non estaba espido”. Antón Luaces

“O rei non estaba espido”. Antón Luaces

O presidente que non o foi de España porque non quixo - a realidade foi que os votos a prol acadados nas eleccións xerais do país en cuestión non foron dabondo para que sí poidera selo e o segundo na listaxe de candidatos soubo gañarse a confianza da maioría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.