Exipto celebra este sábado a segunda edición da súa foliada tradicional

08 Maio 2025


A Comisión de Festas de Exipto celebra este sábado 11 de maio unha foliada tradicional na contorna do Centro Social de Abanqueiro. A concelleira de Cultura, María Outeiral, participou na presentación xunto con Rita Rodríguez e outros membros da comisión.

As actividades comezan ás 19.30 horas cun serán tradicional que contará coa participación de Xilbarbeira, Ar de Loureda, Vai de Roda, Estóupele, os de Abanqueiro, A Dorniña e Os da Boina.

“Van participar preto de 100 músicos de grupos locais e convidados. É unha actividade que tivo moito éxito o ano pasado e agardamos que se repita este ano”, afirmou Rita.

Ademais do serán tradicional, para o fin de festa contarán con DJ Maruxa e Coralia, que será a partir das 24h, e tamén contarán con degustación de bocadillo de luras. A concelleira de cultura, María Outeiral, agradeceu a implicación para “continuar con esta festa que pon en valor a nosa tradición coa participación de grupos locais e o mestura con novas propostas”.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.