Este sábado celébrase en Boiro unha nova edición do Maio Vintage Market

21 Maio 2025

Este sábado 24 de maio celebrarase no centro urbano de Boiro o Maio Vintage Market, organizado polo Concello e a Asociación Creaturas.

Segundo confirmaron dende as ditas entidades, van participar nesta edición máis de 70 postos de artesanía e tamén entidades e asociacións como Ambar, Cruz Vermella, Turbina… e que contará cunha programación cultural en diversas localizacións de durante todo o día.

A programación comezará ás 11.30 horas cunha batucada polas rúas de Boiro e continuará durante todo o día cos DJs Señora DJ, DJs Maruja e Coralia, DJs Baño Txeku, DJ Gafapasta e DJ Matrek. Haberá tamén programación infantil con Brais das Hortas e Marta Ortiz e actuacións de French Riviera ou David LH & The Po’Boys. “Esta festa, que é unha adaptación da festa dos maios, mostra a viveza de Boiro”, sinalaron.

A temática deste ano será os anos 90 e 2000 polo que dende a organización animan a todo o mundo a que se caracterice de época. “Trátase dunha festa moi participativa que mestura comercio local, cultura, artesanía… na que se involucra a veciñanza e tamén os negocios do municipio”, afirmou Daniel García, presidente da ABE, na súa presentación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.