Este domingo celébrase a II edición do Torneo Escolar de Xadrez Concello de Boiro

15 Maio 2025

O Centro Social de Boiro acolle este domingo 18 de maio a segunda edición do Torneo Escolar de Xadrez Concello de Boiro, a partir das 11.00 horas (ata as 14.00 horas).

A proba desenvolverase seguindo o sistema suízo a 6 roldas (método de emparellamento onde os xogadores se enfrontan a opoñentes con puntuacións semellantes en cada rolda, no canto de xogar un sistema de todos contra todos, o que permite aseguirar un equilibrio competitivo xusto).

Haberá trofeos para as/os tres primeiras/os clasificadas/os e para as/os tres primeiras/os locais nas diferentes categorías: sub-12, sub-10 e sub-8, ademais do premio participativo.

Organiza o Departamento de Deportes do Concello de Boiro coa colaboración de XOGADE (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar).

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.