Eizan Calo, nova promesa da patinaxe, homenaxeado en Ribeira tras acadar a prata mundial en Trieste

28 Maio 2025

A sede temporal do Concello de Ribeira acolleu este mércores 28 de maio o acto oficial de recepción de Eizan Calo Fernández, medalla de prata en categoría alevín masculino do Campionato do Mundo de Patinaxe Artístico que se celebrou na localidade italiana de Trieste do 9 ao 18 de maio.
Na recepción non faltaron familiares e compañeiros para acompañar a Eizan, que non se separou da súa irmá, Ella Calo, que tamén é patinadora no mesmo equipo. Participaron o rexedor, Luís Pérez Barral, e o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, que fixeron a entrega dun diploma honorífico acompañado dun bono de 100 euros para gastar nunha tenda deportiva do municipio.

O concelleiro de Deportes felicitou tanto a Eizan como a Ella e deulles ánimos “para o vindeiro campionato estatal que se vai celebrar en Barcelona nesta fin de semana e no que competirán os dous irmáns en modalidade de parella”.

Vidal tamén quixo visibilizar o esforzo que fai Eizan e Ella, xunto a toda súa familia polas horas de adestramento e as múltiples viaxes, “levando o nome de Ribeira alá por onde compiten”.

Por outra banda, Luís Pérez Barral tamén tivo palabras de agradecemento e orgullo para Eizan e Ella; o alcalde destacou a gran calidade de deportistas que temos en Ribeira, “non só en deportes de equipo tamén en deportes individuais que están destacando moito en diferentes disciplinas e que dende o Concello queremos apoiar e visivilizar para que aquí saibamos o que fan e quen son os nosos deportistas”. Tamén fixo falou do traballo e esforzo
colectivo que implica esta modalidade.

Por último dende o Concello aseguraron que van manter o seu compromiso co deporte e cos deportistas locais e agradeceron o acompañamento que fan as familias e as amizades aos deportistas e destacaron a implicación do Club de Patinaxe e da súa adestradora Elena Rey.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.