Comeza a conta atrás para XVI edición da Carreira Pedestre de Outes

12 Maio 2025

No marco da celebración do Día das Letras Galegas e co obxectivo de xuntar (e conmemorar) deporte e cultura, a Concellería de Deportes do Concello de Outes organiza a XVI Carreira Pedestre de Outes, prevista para o sábado 17 de maio de 2025 a partir das 10.00 horas, con saída e chegada na praza de Galicia.

As inscricións poderán formalizarse ata as 13.00 horas deste martes 13 de maio a través da web de cronotec.es. Poderán participar as seguintes categorías, con diferentes horarios e distancias:

10K: veteranos (A e B), sénior e promesa

3K: sénior, xuvenil e cadete

1K: infantil e alevín

Os menores correrán no Campo Municipal do Conchido: benxamín (450 horas), prebenxamín (225 metros), pitufos (100 metros) e chupetes (50 metros).

No Pavillón da Serra de Outes, dentro do Campo de Fútbol, poderanse retirar os dorsais e os chips ata 30 minutos antes do comezo da carreira.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.