Cabo de Cruz celebra o Día das Letras Galegas con “Cantareiras de Cabo: memoria, lingua e tradición”

06 Maio 2025

O vindeiro sábado 10 de maio ás 19:30 horas, a lonxa de Cabo da Cruz acollerá o evento “Cantareiras de Cabo: memoria, lingua e tradición”, unha xornada cultural organizada pola Asociación Gamela coa colaboración do Concello de Boiro e a A.C. Barbantia. Esta cita nace co obxectivo de promover e poñer en valor a lingua galega, as tradicións populares e o patrimonio inmaterial que define a identidade do pobo galego.

A programación inclúe unha intervención da escritora e activista cultural Mila Torrado (A.C. Barbantia), quen abordará temas como a historia, a lingua e a palabra na cultura galega. A continuación, ofreceranse actuacións musicais de grupos tradicionais como Mar de Cabo, Nunca é tarde, as regueifeiras do CEIPP Santa María do Castro e Rebuldeiras.

O encontro rematará cun serán e unha festa popular amenizada por Ar de Loureda, convidando á veciñanza a compartir unha noite de música, baile e celebración da cultura galega.

A organización anima á participación aberta de familias, centros educativos, colectivos e persoas de todas as idades, facendo un chamamento á difusión do evento como unha oportunidade para fortalecer a nosa memoria colectiva e o uso do galego nun ambiente festivo e integrador.

Outros artigos

O PIE dos concellos do Sar-Ulla logra unha inserción laboral do 38%

Os alcaldes de Padrón, Dodro, Rois, Pontecesures, Catoira e Valga participaron este venres no acto de clausura do Programa Integrado de Emprego Dodro 2025-2026, no que un cento de persoas desempregadas dos ditos termos municipais recibiron durante nove meses...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.