Cabo de Cruz acolle esta fin de semana o Campionato Galego – Xunta de Galicia de Traiñeiriñas

13 Maio 2025

O Concello de Boiro colabora co Club de Remo Cabo de Cruz na celebración dunha nova edición do Campionato Galego – Xunta de Galicia de Traiñeiriñas (Trainerillas) e que se celebra os días 17 e 18 de maio no peirao de Cabo de Cruz. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación xunto con Luis Piñeiro, presidente do Club de Remo Cabo de Cruz; Gustavo Vázquez, membro da Federación Galega de Remo; e Margarita Hermo, directora de Relacións Institucionais de JEALSA, histórica empresa patrocinadora do Club de Remo de Cabo.

O sábado pola mañá disputaranse a V bandeira de veteranas e a III bandeira de veteranos nas que van participar 9 equipos masculinos e 4 femininos en 3.500 e 1.750 metros respectivamente. Pola tarde, a partir das 16.30 horas terán lugar as regatas clasificatorias do campionato galego de traiñeiriñas das categorías cadete, xuvenil e absoluto no que participan máis de 300 deportistas. A fase final será o domingo a partir das 11.30 horas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.