O novo sistema de expedición de DNI da Policía Nacional xa está en funcionamento en Boiro. Este novo sistema, que comezou a funcionar neste mes, mellora o servizo que se viña realizando pois tanto a toma de datos como a entrega de documento realízase no mesmo día, e tamén permite a expedición de pasaportes.
Estas unidades de documentación traballan dende unha furgoneta equipada con dous postos de expedición para máis de 40 persoas cada día. A cita previa para a renovación do DNI ou pasaporte debe solicitarse o primeiro día hábil de cada mes na conserxería da Casa Consistorial.
