As motos toman Rianxo esta “finde” cunha nova edición da concentración de Jas A Tope

28 Maio 2025

A paixón polas motos volverá a sentirse en Rianxo cunha nova edición da Concentración Moteira promovida por Jas A Tope, en colaboración co Concello de Rianxo. Segundo informaron, o 30 e o 31 de maio, así como o 1 de xuño, haberá música, actividades para todos e todas e, por suposto, “moitas motos”.

O programa comeza o venres 30 polo serán, ás 19.00 horas, e prosegue ás 20.30 horas cun espectáculo de stunt. Pola noite haberá churrascada, queimada e, a partir da medianoite, unha actuación con Mínimo Eventos. Ao día seguinte, logo do almorzo, haberá sesión vermú moteira e mexillonada, e tamén xantar colectivo e, pola tarde, gardarase un minuto de silencio polos compañeiros e compañeiras falecidos. Ás 18.00 comezará a saída da ruta mototurística polo concello rianxeiro, que culminará polo serán na carpa habilitada (cunha pinchada) e, máis tarde, cun novo espectáculo de stunt e unha ruta nocturna.

O domingo volverá celebrarse unha nova ruta moteira e unha pinchada matutina na carpa, que culminará co xantar colectivo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.