As Brigadas Deseucaliptizadoras serán distinguidas este sábado na Romaría das Fousas

30 Maio 2025

O Movemento Veciñal Fousas ao Monte e a Comunidade de Monte Veciñal en Mancomún O Fieitoso (Taragoña, Rianxo) van entregar ás Brigadas Deseucaliptizadoras un recoñecemento “pola defensa do colectivo e comunitario, así como pola loita por un territorio vivo e habitado, libre de invasoras e do dominio de extracción por lucro”.

A distinción será concedida este sábado 31 de maio en Filgueiras, Taragoña, ás 13:30h, no marco da IV edición da Romaría das Fousas.

O monte de Filgueiras acolle o sábado 31 de maio a IV Romaría das Fousas, organizada polo colectivo Fousas ao monte ao abeiro do seu incansábel traballo pola difusión e o impulso dunha xestión alternativa do monte, sustentábel e afastada do monocultivo.

O programa de actividades inclúe deporte, música e faladoiros para desfrutar dunha xornada festiva e reinvindicativa no noso monte.

No transcurso do evento entregaranse os Premios Fousellos de Ouro, que recoñece o labor de persoas ou entidades que están a traballar, dende o asociacionismo ou o voluntariado, pola mellora da biodiversidade, a loita contra as especies invasoras e a xestión ordenada e sostíbel do monte e do territorio.

O premio será entregado ás Brigadas Deseucaliptizadoras e no seu nome recollerao Joám Evans como coordenador das brigadas.

As Brigadas Deseucaliptizadoras, impulsadas pola Asociación Verdegaia, teñen como obxectivo mobilizar, organizar e coordinar persoas de todo o país con vontade de botarse ao monte para realizar accións de voluntariado ambiental en colaboración coas titulares de terreos con valores ambientais degradados ou ameazados pola eucaliptización e outras especies exóticas invasoras. Mediante a erradicación destas especies e a súa substitución por outras autóctonas de alto valor ecosistémico, as accións das Brigadas teñen como obxectivo que as zonas intervidas non volten a ser pasto do lume e que sirvan como zonas protectoras, servindo como cortalumes verdes e corredores de biodiversidade.



Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...