Aprobados os Orzamentos de 2025 no pleno de Boiro

16 Maio 2025

O Concello de Boiro celebrou este xoves día 15 o pleno ordinario da Corporación local correspondente ao mes de maio. A sesión, que pode verse na canle de Youtube municipal, saldouse cun acordo moi relevante para o concello: a aprobación da Orzamento 2025, con 9 votos a favor (PSOE), 7 votos en contra (PP e BNG) e 1 abstención (Boiro Novo). Tamén saíron adiante as alegacións e aprobación provisional do plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Boiro, Foron aprobadas con 9 votos a favor (PSOE) e 8 abstencións (PP, BNG e Boiro Novo).

    Os Orzamentos

    O Concello de Boiro presentou os días pasados os Orzamentos municipais, que ascenden a 21.179.009 euros. Destaca nas contas a rehabilitación integral da Casa da Cultura de Boiro que, en parte está subvencionada polo Goberno do Estado pero que ten un investimento municipal de 2.700.000 euros.

    Nos investimentos para este ano recóllense tamén importantes partidas para o arranxo da rede viaria municipal, 450.000 euros; melloras no saneamento e abastecemento, 200.000 euros; mellora de edificios públicos de educación, cultura e deportes, 350.000 euros; e tamén a instalación de paneis fotovoltaicos en edificios municipal para lograr eficiencia enerxética, para o que se reserva unha partida de 285.000 euros.

    Segundo explicou o grupo de Goberno, trátase dunhas contas que medran un 21’95% con respecto ao da anualidade anterior debido, en boa medida, á póliza de crédito para facer fronte á rehabilitación da Casa da Cultura, e que fai fronte a todas as obrigas que o Concello de Boiro ten para a anualidade 2025, incluída a subida salarial froito da negociación e aprobación dunha modificación da Relación de Postos de Traballo, que supón un aumento de 1.018.313; e tamén o aumento do canon de SOGAMA para a recollida de lixo e que lle supón ás arcas municipais un desembolso de máis de 230.000 euros.

    Outros artigos

    O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

    O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

    +

    Publicidade

    Revista en papel

    Opinión

    “Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

    “Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

    Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

    O Barbanza
    Resumo de privacidade

    Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.