Ángeles Vázquez entrega en Ribeira os premios do I Concurso Parque Vibras

23 Maio 2025

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou este venres 23 de maio o concello de Ribeira, para participar na entrega de premios do I Concurso Parque Vibras, convocado polo seu departamento e máis polo de Política Social e Igualdade da Xunta. Na súa estadía no Parque Natural de Corrubedo destacou a importancia de involucrar á mocidade na protección do patrimonio ambiental de Galicia e na difusión dos seus valores. Tamén salientou “o éxito desta convocatoria, que contou coa participación de 36 equipos e máis de 500 alumnas e alumnos”. A conselleira acudiu na compaña da súa homóloga, Fabiola García, natural, precisamente, de Ribeira. Os vídeos participantes podemos velos na web do certame.

Lembraron que o concurso foi lanzado pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural para dar a coñecer os seis parques naturais cos que conta a comunidade entre o alumnado de Secundaria.

Vázquez salientou a calidade dos traballos presentados -tiñan que ser vídeos en galego de menos de tres minutos en TikTok, Instagram ou YouTube- pois respondían ás tres cuestións establecidas nas bases: o que significa un parque natural para os participantes -o alumnado podía enviar as propostas de maneira individual ou en grupo-, destacar o mellor parque natural da comunidade xustificando por que e como se pode axudar á súa conservación.

A conselleira agradeceu a contribución destes traballos a difundir a importancia ambiental, cultural e social destes espazos naturais -os vídeos participantes superaron as 166.000 visualizacións en redes sociais- así como a concienciar sobre a transcendencia de conservalos para o seu desfrute polas xeracións futuras.

Vázquez lembrou ademais que o premio concedido aos tres equipos gañadores lles permitirá afondar no coñecemento do patrimonio natural de Galicia pois consiste nunha excursión para toda a clase ao parque natural de Galicia que elixan -incluíndo os gastos de desprazamento e actividades- así como o correspondente diploma conmemorativo. Polo tanto, poderán escoller entre o Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán, Fragas do Eume, Baixa Limia-Serra do Xurés, Invernadeiro, Serra da Enciña da Lastra e Monte Aloia.

Ángeles Vázquez subliñou tamén que se trata dun día ideal para a entrega destes recoñecementos aos escolares participantes pois é a xornada previa á celebración do Día Europeo dos Parques Naturais, que se celebra cada 24 de maio desde 1999. Sinalou que a edición deste ano, baixo o lema Xuntos coa natureza, pretende “facer reflexionar sobre como se pode mellorar a saúde das áreas naturais protexidas pensando en que van máis aló dos límites que teñen postos nos mapas, pois o que ocorre na súa contorna tamén inflúe no seu estado e na conservación dos seus ecosistemas”.

Galardoados

O premio ao vídeo máis creativo foi para o equipo Carambolas, do CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños, que participou cun vídeo en YouTube no que interpreta unha regueifa para explicar a riqueza do Parque Natural complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán e dar consellos sobre como conservar os seus valores naturais. Ademais, o contido é dinámico e fomenta a interacción ao acompañar as imaxes do parque coa letra da canción e breves mensaxes sobre a diversidade da contorna deste espazo protexido.

O recoñecemento ao traballo de maior valor divulgativo correspondeu ao equipo Lume Verde do IES Río Cabe de Monforte de Lemos, que tamén fixo un vídeo para YouTube e sobre este parque natural do concello de Ribeira no que explica de forma clara e esquemática o patrimonio natural que agocha e o que se pode facer para protexelo.

O galardón como vídeo máis viral foi para o grupo Vilanchos, do IES de Breamo (Pontedeume), que participou a través de Instagram e contabilizou o maior número de visualizacións (máis de 63.000) e interaccións (arredor de 2.000 likes) durante o concurso, moi por enriba do resto de traballos. Empregando imaxes gravadas nos parques naturais e cunha narración pausada e poética, as alumnas e alumnos deste instituto logran transmitir a beleza que agochan os parques naturais de Galicia e especialmente o máis próximo a eles, o Parque Natural Fragas do Eume.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.