Alumnado do Colexio María Assumpta de Noia presenta unha feira comercial no Casino ante o concelleiro de Comercio

29 Maio 2025

Este martes 27 de maio, o Casino de Noia acolleu a presentación dun ambicioso proxecto realizado polo alumnado de primeiro curso do Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais do Colexio María Assumpta, con sede no concello noiés. A proposta consistiu no deseño e organización integral dunha feira comercial, como simulación real dentro da súa formación profesional.

A feira, que levou por nome Quilómetro 0, Orgullosos do noso, foi concibida como “un evento local con identidade propia, pensado para poñer en valor o comercio de proximidade, a sustentabilidade e o produto da zona”. Durante o acto, o concelleiro de Comercio de Noia, Pepe Pérez Martínez, coñeceu de primeira man todos os detalles do proxecto, valorando “moi positivamente” o enfoque profesional do alumnado e cualificando algunhas das súas propostas como “especialmente interesantes polo seu potencial de aplicación real no municipio”. Tamén estiveron presentes a xefa de estudos do centro, as profesoras do ciclo superior e alumnado do ciclo medio, que apoiaron o labor das e dos estudantes.

Segundo informou o alumnado responsábel do proxecto, este foi traballado de forma exhaustiva desde todos os módulo: “Traballáronse contidos como o deseño do evento, a investigación de mercados, a planificación financeira, a mercadotecnia (marketing) e a publicidade, o deseño de planos e a difusión en redes sociais. Ademais, integrouse de maneira transversal o valor da sustentabilidade, presente en todas as fases do traballo.

Non faltou a creación de recursos dixitais en formato vídeo, elaborados en galego, castelán e inglés, fomentando tanto a competencia dixital como lingüística do alumnado. Estes vídeos, compartidos en redes sociais como parte da estratexia de comunicación, provocaron un pequeno fenómeno local: varios comercios e veciños de Noia contactaron co Colexio para interesarse polas datas da feira, pensando que realmente ía celebrarse. A xefa de estudos compartiu esta anécdota con orgullo, como mostra do impacto real do traballo do alumnado na comunidade.

Por outra banda, tamén se abordaron aspectos administrativos esenciais como a tramitación de licenzas, obrigacións fiscais e laborais, así como o estudo de subvencións e axudas públicas.

Desde o centro educativo destacaron que “esta forma de traballar por proxectos permite ao alumnado aplicar de forma integrada os coñecementos de todos os módulos, axudándolles a conectar conceptos e a desenvolver unha visión global do ciclo formativo e do mundo profesional”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.