Abertas as inscricións para o Campus de Verán da Piscina Municipal de Rianxo

20 Maio 2025

A Piscina Municipal de Rianxo presenta o seu Campus de Verán 2025, unha proposta dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 13 anos que combina deporte, diversión, aprendizaxe nun entorno seguro e estimulante.
O programa desenvolverase do 23 de xuño ao 5 de setembro nas instalacións do centro deportivo e estruturarase en quendas semanais, cun horario principal de 10:00h a 14:00h. Para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante os meses de verán, o programa tamén ofrecerá servizo de madrugadores a partir das 9:00h.
O campamento está deseñado para fortalecer distintas capacidades entre os máis pequenos, incluíndo o desenvolvemento deportivo, a creatividade, a aprendizaxe lúdica e a autonomía persoal. Ao longo de cada semana, os participantes poderán participar en actividades como xogos acuáticos, natación, multideporte, obradoiros creativos, dinámicas en grupo e excursións temáticas, acción que fomentan tanto o movemento como a imaxinación e a convivencia.
As inscricións xa están abertas e deben formalizarse na Piscina Municipal. Ofrécense descontos para persoas socias do centro e para o segundo fillo e seguintes. Os detalles completos sobre actividades, prezos e horarios poden consultarse na web https://beone.es/campamentoverano/galiciagal/.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.