A xira de Galicia sabe aMar recala este venres (e o sábado) en Portosín

28 Maio 2025

A xira de Galicia sabe aMar, iniciativa itinerante da Xunta (Consellería do Mar) para reivindicar e impulsar o consumo de peixes e mariscos, vai facer unha parada en Portosín, onde poderemos atopar a foodtruck os días 30 e 31 de maio (venres e sábado), concretamente na praza do Curro e acompañando á mostra De Pobra a Portosín tapeando polo mar. Haberá información e degustacións dos nosos produtos pesqueiros.

Dentro do programa de actividades previsto, o sábado 31 de maio ás 12:00 horas celebrarase a presentación da anchoa da Confraría de Pescadores San Andrés de Portosín, coa presenza de Patricia García Sanchez, directora xeral de Pesca.

O proxecto De Pobra a Portosín tapeando polo mar xestionado pola Xunta de Galicia, fai parada na nosa localidade logo de ter a súa primeira cita na Pobra.

Galicia sabe aMar é é unha campaña da Xunta de Galicia que nace no verán de 2021 para animar á cidadanía a través da retranca galega e os dobres sentidos a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.

En cada parada da xira os visitantes poden degustar algún dos moitos petiscos pensados para a campaña e realizados a base de produtos certificados do mar e da terra.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.