A saúde e a concienciación protagonizan en Ribeira un acto co gallo do Día Mundial Sen Tabaco

30 Maio 2025

O Auditorio Vello de Ribeira acolleu un o acto conmemorativo do Día Mundial Sen Tabaco, organizado polo Centro de Saúde de Ribeira en colaboración co Concello. O evento deu comezo ás 12.00 horas co acto institucional Ribeira sen fume, no que interviñeron figuras clave da sanidade e da Administración local.

A xefa de servizo de Atención Primaria de Ribeira, Raquel Martínez Bugarín, destacou o compromiso da área sanitaria coa prevención e a promoción da saúde. Bugarín tamén agradeceu a presenza de persoas que conseguiron deixar o tabaco coa axuda dos grupos que forma o Centro de Saúde ribeirense.

Pola súa banda, o subdirector de Humanización da Área Sanitaria Santiago-Barbanza, Juan Manuel González Lorenzo, subliñou a importancia da atención tamén nas campañas de sensibilización coma as que fai o ambulatorio de Santa Uxía.

O alcalde de Ribeira, Luis Pérez Barral, e o concelleiro de Saúde, Juan L. Furones Ramos, pecharon este primeiro bloque institucional facendo fincapé no apoio continuado do Concello ás iniciativas en favor dunha vida sen tabaco, das entidades e das medidas como novos espazos sen fume no municipio.

A continuación desenvolveuse a mesa redonda De algho hai que morrer, cun enfoque máis desenfadado pero igual de contundente. O coñecido artista ribeirense Tonhito de Poi puxo a nota creativa xunto a Fran Romay, técnico de deportes do Concello, e Pablo González Fernández, director das instalacións deportivas do Complexo A Fieiteira. Todos coincidiron en que o deporte e a cultura son ferramentas esenciais para afastar á mocidade do consumo de tabaco.

Finalmente, de 13:00 a 14:00 h, presentouse a campaña Ti podes ser un Angel, na que participou Vicente Mariño de Bricio, concelleiro de Servizos Sociais que presentou a aplicación móbil Cardio@ngel, unha ferramenta dixital pensada para axudar no caso de infartos, onde o tabaco xoga un papel importante no desencadeamento deste tipo de problemas de corazón.

A xornada foi moi ben valorada polos asistentes, que destacaron o carácter multidisciplinar das intervencións e a capacidade do evento para sensibilizar sen perder a conexión coa realidade local. O Goberno local agradeceu a asistencia e o traballo que desenvolven os profesionais do Centro de Saúde de Ribeira para gañar hábitos de vida saudábeis e calidade de vida.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.