A Policía Local e o Concello de Rianxo melloran a seguridade e a accesibilidade na contorna do CEIP Castelao

22 Maio 2025

A Policía Local de Rianxo e o Concello informaron dunha mellora importante de seguridade viaria na contorna do CEIP Castelao na rúa Arcos Moldes, onde foi instalada sinalización específica que contribuirá non só a mellorar os accesos ao centro educativo, senón tamén a dar un servizo axeitado aos usuarios do centro e a protexer aos nenos e ás familias.

En concreto, colocouse sinalización para habilitar varias prazas reservadas para o estacionamento de vehículos para persoas usuarias do centro escolar, con vistas a facilitar que se poida deixar e recoller ao alumnado nas entradas e saídas nos días lectivos.

En concreto, habilitáronse dúas prazas reservadas para o estacionamento de vehículos de persoas con mobilidade reducida, reforzouse a sinalización xa existente para o estacionamento dos autobuses escolares e, ademais, sinalizouse unha nova zona para carga e descarga próxima aos establecementos comerciais da referida rúa.

“Con ditas actuacións”, informou a Policía Local de Rianxo, “inténtase mellorar a seguridade e fluidez do tráfico, para disuadir estacionamentos irregulares que se estaban a producir principalmente sobre as beirarrúas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.