A Pobra reunirá aos amantes da condución sobre dúas rodas na XI Concentración Moteira Sinfrenos

05 Maio 2025

A Pobra converterase nun auténtico paraíso para os amantes da condución sobre dúas rodas. Todo grazas á XI Concentración Moteira Sinfrenos, organizada polo Motoclub Sinfrenos en colaboración co Concello.

A presentación da nova edición celebrouse este lns 5 de maio na contorna onde se celebrará o evento, e correu a cargo do concelleiro de Deportes, Eloy Sobrido, da presidenta do Motoclub Sinfrenos, Sonia Villar Maceiras, e do vicepresidente e a secretaria da entidade, Pedro Echevarrieta e Susana Riveiro. A cita moteira será o sábado, 17 de maio, e o domingo, día 18, coa previsión de reunir a centos de afeccionados ao ciclomotor na contorna do Paseo do Areal.

O prazo para que as persoas interesadas en participar na concentración poidan anotarse comezará o sábado, ás 16.00 horas. O prezo completo da inscrición será de 40 euros e de 20 euros incluíndo só xantar e cea. Así mesmo, haberá a posibilidade de anotarse de xeito anticipado a través dos teléfonos 636 501 322 e do 619 620 059.

O sábado, a actividade arrincará ás 17.30 horas, momento no que se realizará unha ruta con pinchada ata o porto de Aguiño. Ás 19.30 horas está prevista a realización de dúas exhibicións, unha de stunt rider e outra de 89 corredoira, onde se amosarán algúns trucos e acrobacias enriba das motos, e ás 20.45 horas darán inicio aos xogos. O peche da actividade estará amenizado polas sesións de música dos DJs de Planet Disco Móvil, Ole Costa, Manux e Tito Maverick.

A concentración continuará o domingo, ás 9.00 horas, co almorzo. A primeira ruta desenvolverase ás 11.30 horas e incluirá un percorrido por varios concellos da contorna. Tras o xantar, ás 14.30 horas, terá lugar o sorteo de agasallos e a entrega de premios ás 15.30 horas.

Outros artigos

Mércores 7, xornada de tempo variable

Este mércores 7, San Raimundo, quedaremos baixo unha situación intermedia entre altas e baixas presións. O día presentarase con ceos parcialmente nubrado e precipitacións intermitentes durante a mañá, especialmente na metade norte e interior da Comunidade. Co avance...

+

Muros vibrou este luns 5 coa espectacular visita dos Reis Magos

A AC Fouleada e o Concello de Muros organizaron un amplo programa de actividades festivas e de lecer para recibir e acompañar, este luns 5 de xaneiro en boa parte do concello muradá, ás Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Pola mañá, a comitiva do Carteiro Real...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.