A Pobra ofrece unha nova edición do curso de exercicio terapéutico baseado no Tai-Chi

09 Maio 2025

Desenvolverase nos centros socioculturais do Vilariño, os mércores ás 19:00 horas, e no da Ribeiriña os xoves ás 10:00 horas a partir do 15 de maio

A Concellería de Promoción Económica da Pobra do Caramiñal volve apostar polo benestar físico e emocional da veciñanza coa posta en marcha dunha nova edición do curso de exercicio terapéutico baseado no Tai-Chi. As sesións desenvolveranse nos centros socioculturais da Ribeiriña e do Vilariño a partir do vindeiro 15 de maio e prolongaranse ata finais de agosto.

O curso será impartido polo fisioterapeuta e instrutor de Tai Chi Chuan Sergio García. As clases terán lugar os mércores ás 19:00 horas no centro do Vilariño e os xoves ás 10:00 horas no da Ribeiriña, cunha duración dunha hora por sesión. Cada grupo contará cun máximo de dez prazas.

A concelleira Amparo Cerecedo salientou a “boa acollida da edición anterior”, o que motivou esta nova convocatoria, que busca tanto mellorar a saúde da cidadanía como dinamizar os centros socioculturais do rural.

As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo electrónico a participacionvecinhal@gmail.com, indicando nome, apelidos, DNI, teléfono de contacto e o grupo escollido. Só se permitirán dúas inscricións por correo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.