A Orquestra Sinfónica de Galicia soará novamente en Ribeira

16 Maio 2025


Este venres 16 de setembro celebrouse en Ribeira a presentación dun concerto que fará as delicias dos amantes da música clásica. Asistiron o rexedor, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta e a concelleira de Cultura, Antía Alberte. No marco da programación do mes de xuño a concellería de Cultura de Ribeira ofrecerá un concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia no novo Auditorio Municipal o día 7 de xuño ás 20:00 h. A proposta faise posíbel grazas á colaboración da Deputación da Coruña, que achega a Ribeira esta formación no marco das súas accións culturais, encargándose a área de Cultura do Concello de Ribeira da coordinación, asistencia técnica e organización do mesmo.

Indicaron que a Orquestra Sinfónica de Galicia foi unha das formacións coas que configurou a programación inaugural do novo auditorio no pasado mes de xuño do 2024, e xusto un ano despois, volve de novo a Ribeira trala boa acollida e para que toda a veciñanza poida gozar dos seus concertos. O rexedor afirmou con respecto á actuación do ano pasado que “sabíamos que tíñamos unha débeda con tódolos ribeirenses xa que no pasado mes de xuño houbo veciños e veciñas que non puideron entrar; por iso comprometémonos no mesmo día
da actuación a volver traer esta orquestra de primeiro nivel”. Pérez Barral agradeceu á Deputación da Coruña, “especialmente ao ámbito de cultura pola súa colaboración”.

A concelleira de Cultura salientou que “é un concerto de grande envergadura no que haberá sobre o escenario máis de 50 músicos baixo a dirección titular do violinista Roberto González-Monjas e no que se ofrecerá un repertorio de W.A. Mozart composto polo concerto para violín no4 en re maior, rondó en do maior e concerto para violín no5 en la maior.

Suárez-Puerta sumouse aos agradecementos á Deputación “por permitirnos a achega deste concerto de alto nivel para os veciños e veciñas de Ribeira”.

O prezo público para a entrada individual fíxase en 2,50€ incrementada en 0,50 € en concepto de comisión da entidade bancaria, polo que o importe total para o público por entrada individual será de 3 €. A posta en marcha deste prezo público ten entre os seus principais obxectivos o de acadar unha mellor xestión do fluxo de asistentes ás representacións, considerándose por elo conveniente establecer un importe de entrada “simbólico” que garanta a reserva da butaca aos asistentes, completar a cabida do local e que non teña carácter disuasorio co fin de garantir o dereito de acceso á cultura.

As entradas poderán adquirirse a partires do luns ás 09:00 horas, a través da billeteira de ataquilla.com e o pago realizarase nesa plataforma mediante
tarxeta bancaria. E tamén dende o mesmo momento na á Oficina de Atención Cidadá (OAC) do Concello de Ribeira, de luns a venres de 9:00h a 14:00h,
sendo igualmente necesario o pago mediante tarxeta bancaria e a través da mesma plataforma de Abanca.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hay corruptos porque los controles no funcionan”. Manuel Velo

“Hay corruptos porque los controles no funcionan”. Manuel Velo

Se echan de menos los contrapesos que actúen a tiempo con neutralidad y profesionalidad. No hay verdadero interés por acabar con la corrupción a pesar qué según datos, España tiene más órganos de control que cualquier país de la UE. Las escaramuzas que de vez en cundo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.