A Oficina de Turismo da Pobra abrirá esta fin de semana ante a previsión de centos de visitantes

21 Maio 2025

A Oficina Municipal de Turismo ampliará o seu horario de atención facéndoo extensivo durante esta fin de semana. A dependencia municipal abrirá tanto o sábado, 24 de maio, como o domingo, día 25, ante a previsión de centos de visitantes que se desprazarán ao municipio polos tres eventos deportivos que se celebrarán eses días. A instalación permanecerá pechada mañá, xoves 22 de maio, pola festividade local de Santa Rita. O venres, 23 de maio, abrirá no seu horario habitual, de 9.30 a 14.30 horas. En canto ao sábado e o domingo, estará dispoñible en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Segundo sinalou o Concello, trátase dunha medida adoptada para atender aos centos de turistas que se prevé recibir durante a fin de semana, que virá marcada por unha intensa actividade deportiva.

Así, o sábado e o domingo, A Pobra será o escenario dos LXXVIII Campionatos de España de Traiñeiriñas, coa participación de 500 deportistas de toda a xeografía.

Eses mesmos días, o estadio da Alta acollerá o Torneo Internacional CONGALSA coa participación de equipos alevíns do Real Madrid, do Betis e do Cádiz.

O domingo, día 25, o municipio será tamén o escenario da Seminifinal do Campionato de Grupos de Show Patinaxe Artística da Coruña Sur.

A instalación

A Oficina de Turismo da Pobra, que conta co distintivo de calidade SICTED, está situada no parque do Castelo, a escasos metros dalgúns dos principais recursos turísticos do concello. O persoal do servizo achega aos visitantes información comarcal e municipal, dándolles todo tipo de material divulgativo sobre as diferentes actividades programadas polo Concello, así como mapas, guías e planos, entre outros recursos. 

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.