A Mostra de Teatro Infantil de Ribeira chega a súa 25ª edición (do 27 ao 31 de maio)

21 Maio 2025

O Concello de Ribeira compartiu este mércores 21 de maio a axenda da nova edición, a 25ª, da Mostra de Teatro Infantil, “un clásico no calendario cultural do Concello”, en palabras da concelleira Antía Alberte e Óscar Romero, director do Grupo Municipal de Teatro.

Indicaron que a edición deste ano desenvolverase na última semana de maio, do 27 ao 31 no Auditorio Municipal e contará con agrupacións teatrais infantís xa consolidadas nesta mostra como son o grupo municipal infantil de Ribeira, o grupo de teatro do CEIP de Artes, o grupo Alondra de Palmeira, o grupo do Colexio Bayón, o grupo Teatrinclis da asociación cultural Airiños de Rianxo.

Todas estas agrupacións amosaran no certame as súas montaxes: algunhas son versións e adaptacións de obras xa coñecidas pero outras son novas creacións escénicas froito da creatividade e orixinalidade dos directores e mesmo do alumnado. Así pois nestes días polo escenario do Auditorio municipal pasarán máis de 75 artistas, aínda que os participantes nesta mostra superan o centenar, pois ademais das nenas e nenos, tamén colaboran nas tarefas de escenografía, ensaios, traslados ou montaxes o profesorado, directivos das anpas e familiares dos artistas.

As funcións serán todas elas ás sete e media da tarde e con entrada gratuíta,
con apertura de portas media hora antes para todos aqueles que queiran
asistir.

Os primeiros en actuar serán as/os integrantes do grupo do CEIP de Artes coa obra Dorneir@s de colegueo, e logo, nos seguintes días, será a quenda do grupo Teatrinclis coa peza O misterio misterioso dos peixes perdidos; do grupo do Colexio Bayón con Aventuras en Sálvora; do grupo Alondra co Merlo Branco, e clausurará a mostra o sábado o grupo infantil municipal coa historia Como abriu Don Nicanor o gran circo voador. Nesta clausura tamén se entregarán os diplomas e os agasallos a todos os participantes, que se trata dunhas figuriñas de artesanía galega realizadas para a ocasión.

A concelleira rematou deste xeito: “Quero aproveitar para agradecer a implicación dos distintos grupos de teatro infantil con este evento cultural que xa está consolidado e animar a toda a cidadanía e visitantes a achegarse ao Auditorio Municipal para apoiar o traballo realizado por cativos e maiores ao longo do ano, xa que a maior recompensa é a nosa presenza durante as representacións”.

Incluímos deseguido o cartaz do certame:

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.