A Mancomunidade Barbanza Arousa presenta o seu Plan de Promoción ás empresas do sector turístico

14 Maio 2025

O Pazo do Martelo de Rianxo acolleu este martes 13 de maio o acto de presentación do Plan de Promoción da Mancomunidade Barbanza Arousa (integrada por Rianxo, A Pobra, Boiro e Ribeira) para este ano 2025. A cita arrincou ás 20.00 horas coa proxección da curtametraxe Sempre quereremos volver, un audiovisual producido por Lesmes Iglesias baixo o financiamento da Xunta de Galicia.

A continuación, celebrouse unha mesa redonda baixo o título A Promoción Turística do Destino que contou coa participación de Xosé Manuel Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia; Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación da Coruña; Cesáreo Pardal, presidente do Clúster de Turismo de Galicia; Lesmes Iglesias, produtor do audiovisual; César Crusat, representante da adega Entre Os Ríos e Alberto Carou representante do restaurante O Curral do Marqués, ambas empresas do sector enogastronómico do territorio. A mesa estivo moderada por Fátima Cachafeiro, xerente da Mancomunidade Barbanza Arousa.

Ao longo do debate tratáronse temas como a importancia da colaboración público-privada na promoción dos destinos turísticos ou o interese de transmitir sensacións e experiencias á hora de poñer en valor o territorio. Resaltáronse ideas como “a autenticidade como recurso turístico” por Xosé Manuel Merelles ou “o turismo son os empresarios do sector que ofrecen oportunidades e benestar”, segundo apuntou Xosé Regueira.

Amais, destacouse a importancia da colaboración público-privada por parte do presidente do Cluster de turismo, baseada no “traballo de cara á excelencia e a calidade”

Pola súa banda, os empresarios que participaron na mesa redonda comentaron os aspectos positivos de participar en proxectos como SICTED da man da Mancomunidade Barbanza Arousa.

O acto contou así mesmo coa participación do vicepresidente da entidade supramunicipal e alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal, e o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, así como concelleiros e concelleiras e técnicas dos catro municipios da mancomunidade.

Pechou o acto o presidente de Barbanza Arousa e alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, dando paso a unha degustación de produtos locais e viños da IXP Barbanza e Iria.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.